Skip to main content

A Zona

– RIBEIRA DO ULLA: DENOMINACIÓN RÍAS BAIXAS –

Unha paisaxe que respira historia.

Desde tempos medievais, a Ribeira do Ulla estivo vinculada ao cultivo da vide.

O Códice Calixtino recolle que os viños desta comarca eran levados a Santiago de Compostela para a súa comercialización. Entraban polo Camiño Real a través dunha das 7 portas da cidade, a Porta de Mazarelos.

Séculos de esplendor e desafíos

Cara o século XVIII, a viticultura dominaba a economía da rexión.

Ao final do século XIX, a aparición do oídio e da filoxera destruíu gran parte das cepas históricas.

Variedades como Albariño, Caiño ou Brancellao, ou a Tinta Femia, estiveron a piques de perderse para sempre.

Renacemento baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas

A subzona Ribeira do Ulla abrangue ambas marxes do val do Ulla nas comarcas de Santiago, Sar, Deza e Tabeirós Terra de Montes. É na comarca de A Ulla, á que o escritor Ramón Otero Pedrayo definiu como “horta e xardín de Compostela”, onde se atopa a maior actividade vitícola.

Fotografías do Río Ulla de Sara Valcárcel

“Hoxe, este val non só produce viños de calidade, senón que tamén honra un legado que soubo resistir o paso do tempo.”

APTITUDE VITÍCOLA DA ZONA

As altitudes na Ribeira do Ulla varían entre menos de 50 metros e máis de 400, ofrecendo unha diversidade única.

Esta terra é ideal para a viticultura, cun clima oceánico húmido, de transición a continental, e predominio de solos de granito con estruturas franco-arenaosas.

As condicións de solo e clima confiren aos viños matices diferenciadores respecto doutras subzonas das Rías Baixas.