Skip to main content

OS NOSOS VIÑOS

– FOLÍA DE CHAOS –

D.O. Rías Baixas | Ribeira do Ulla

Folía de Chaos é máis que un viño: é a representación da nosa terra

Pretende ser unha homenaxe, a nosa maneira, ás relacións rurais de antano. solidariedade entre veciños para axudarse uns a outros, naquelas xornadas de traballo que podían rematar nunha festa.

Procuramos manter a esencia do Val recuperando variedades de uva tradicionais.

“Respectar a historia e a terra é o primeiro paso para crear un viño con identidade.”

Os viños:

FOLIA DE CHAOS ALBARIÑO (2024)
100% Albariño dunha parcela de 2 ha de viñedo de máis de 20 anos. Medalla de OURO en Viñespaña 2025.

FOLIA DE CHAOS TINTO
Espadeiro, Brancellao e Mencía dunha parcela de 1 ha de viñedo de 10 anos.

Baixo a denominación Rías Baixas, este viño é representante fiel da historia da viticultura do Val do Ulla que se remonta a tempos medievais.

O primer Albariño 2024 Folía de Chaos obtén a medalla de OURO en Vinespaña 2025

Folía de Chaos Albariño 2024

D.O. Rías Baixas | Ribeira do Ulla

Variedades de uva: Albariño
Sistema de condución: Espaldera.
Procedencia da uva: 100% produción propia.
Tipo de chan: Granítico.
Gradación alcohólica (% vol): 13,5.
Acidez total (g/L tartárico): 6.7.

Ficha de cata

Uva procedente dos nosos viñedos situados en altura e cunha gran oscilación térmica na subzona de Ribeira do Ulla. Isto contribúe de maneira significativa a dotar ó propio albariño dunha acidez e frescura únicas.
En conxunto, un viño vivo, con carácter propio, elegante e expresivo.

  • Fase visual: Limpo e brillante, de cor amarela palla con lixeiros reflexos verdosos.
  • Fase olfactiva: Amablel e equilibrado. Lembra a aromas afroitados como mazá, pera e sutís notas cítricas. Cun aroma contido, complexo e moi elegante.
  • Fase gustativa: Un paso en boca goloso e, ao mesmo tempo, fresco. Un viño franco, corpóreo e equilibrado, cunha acidez ben conxugada. Posgusto persistente, saboroso e afroitado, cun amplo recordo en boca.

Folía de Chaos Tinto Rías Baixas

D.O. Rías Baixas | Ribeira do Ulla

Variedades de uva: Espadeiro, brancellao y mencía
Sistema de condución: Espaldera.
Procedencia da uva: 100% produción propia.
Tipo de chan: Granítico.
Gradación alcohólica (% vol): 13,0.
Acidez total (g/L tartárico): 5,2

Ficha de cata

Tinto elaborado a partir de variedades autóctonas galegas, cultivadas en viñedos propios da subzona do Val do Ulla. Pola súa situación e polo manexo do cultivo conseguimos unha maduración lenta e equilibrada.

  • Fase visual: Limpo e brillante, de cor vermella cereixa e capa media.
  • Fase olfactiva: Moi expresivo e elegante en nariz, froitos vermellos con lixeiras notas especiadas.
  • Fase gustativa: En boca é ampla, redonda e prolongada. De estrutura media, cun tanino pulido e equilibrado.